A Deputación de Pontevedra ven de aprobar en Xunta de Goberno recursos económicos para a contratación e adxudicación de obras en Cangas financiadas a través do Plan Concellos. Son traballos da liña 1 (investimentos) orzamentados en 181.678 para a mellora de viarios na rúa Sartaxens, na parroquia de Aldán; na rúa do Viñal e baixada a Rioesteiro (O Hío) e, na parroquia de Coiro, en Rabo da Pixota rematando no Camiño de Verín e na travesía Xosé María Castroviejo. O financiamento corresponde á Deputación, pero a licitación e contratación das obras é responsabilidade do goberno local, segundo as bases que o regulan.