24 de febrero de 2020
24.02.2020

O colexio Eduardo Pondal: experiencia e emoción

O centro cangués participa en programas como Semgal e Lova e é membro da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO

24.02.2020 | 03:54
A escola, "unha oportunidade para descubrir intereses e potenciar talentos". // Cedida

Fundada en 1982 e con case catro décadas de experiencia no seu campo, a cooperativa de ensino Colexio Eduardo Pondal defende unha comunidade de aprendizaxe onde o respecto, a tolerancia, a integración e a cooperación sexan os principios básicos. Una escola que aposta tamén pola innovación educativa a través da participación en programas como 'Semgal', baseado no modelo SEM (SchoolwideEnrichmentModel) e que contempla a singularidade de cada alumna e alumno, contribuíndo así á creación dunha escola inclusiva; 'Lova' ("La ópera, un vehículo de aprendizaxe"), recoñecido pola Unión Europea, Reanimación Cardiopulmonar; Voz Natura; ou o Plan Proxecta, nos módulos de Meteoroloxía, Parlamento Xove e Correspondentes Xuvenís.

O centro forma parte, ademáis, da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO, o que lles permite levar a cabo accións encamiñadas a fortalecer as dimensións humanísticas, éticas culturais e internacionais da educación, tomando como referentes os ODS en todos os seus proxectos. Colaboran con outros centros da Rede en actividades a nivel europeo como a participación no 'Obradoiro sobre a Integración do patrimonio inmaterial nas escolas', en Viena e Rotterdam, e no 'Encontro de xóvenes científicos' en Santarem.

"Entendemos o modelo educativo como unha oportunidade para descubrir intereses e potenciar talentos, ofrecendo diferentes experiencias tanto a través de proxectos como dos diferentes 'Módulos de Enriquecemento' para que os alumnos e alumnas se sintan os verdadeiros protagonistas dunha aprendizaxe a través da experiencia e onde as emocións xogan un papel fundamental", explica n dende a dirección do centro. Por iso, a educación neste centro baséase na organización do traballo por proxectos, partindo dos intereses dos alumnos; na colaboración e tamén traballo individual e reflexión sobre o propio aprendizaxe; no desenvolvemento de destrezas de pensamento de modo sistemático, no uso das TIC´s como ferramenta fundamental, etc.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca