22 de febrero de 2020
22.02.2020

Domaio festexa a Rosalía de Castro

Monicreques e música polo día da poeta

22.02.2020 | 10:41
Unha das actuacións tras a ofrenda floral.

A parroquia de Domaio se volcou onte coa celebración do Día de Rosalía. O centro cultural que leva o nome da matriarca das letras galegas acolleu unha tarde-noite chea de actos que comezou cunha ofrenda floral ao busto da poeta. Despois Larraitz Producións Artísticas puxo en marcha un espectáculo de monicreques sobre a vida da autora titulado "A viaxe de Rosalía".

A música tomou o espazo o resto da xornada con actuacións de danzas tradicionais a cargo de agrupación folclórica Charaviscas e con música coral que partiu das integrantes de Arco da Vella. Tamén o Coro San Pedro de Domaio, que ten a súa orixe no clube de xubilados da parroquia, exhibiu o seu talento. As integrantes da asociación de mulleres Poza da Moura puxeron o peche a actividade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca