Moaña viviu onte a primeira das súas dúas tardes adicadas ao cinema galego. Co gallo do programa do Concello e os centros de ensino "21 días en galego", proxectouse no salón de actos do IES As Barxas o galardonado filme de Óliver Laxe "O que arde". Primeiro a obra exhibiuse para alumnos dos institutos e, á partires das 20.00 horas, a vila voltou a recuperar temporalmente o seu cinema coa proxección aberta ao público. O espazo encheu tódalas súas butacas. Hoxe terá lugar o segundo pase, tamén de balde, ás 20.00 horas no salón de actos do mesmo instituto.

Os asistentes gozaron dun filme que acadou un Premio Goya entre outros prestixiosos galardóns e que se adentra no mundo dos incendios forestais cunha historia ambientada nos Ancares.

O programa "21 días en galego" implicou a máis de 400 estudantes de Primaria e Secundaria de Moaña no uso do idioma propio durante ás 24 horas do día entre o 27 de xaneiro e o vindeiro 16 de febreiro. Todos os alumnos que participaron gozarán dun festival final hoxe mensmo, entre ás 11.00 e ás 13.00 horas, nos xardíns do Concello.

O evento desta mañá comenzará con actuacións musicais e lectura de poemas por parte do alumnado dos institutos A Paralaia e As Barxas. Para rematar ofrecerá un concerto o grupo de rap galego Sondarúa, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso.