O Concello de Moaña e os centros educativos da vila están inmersos na campaña "21 días en galego". Neste marco o goberno local programará a proxección de balde do exitoso filme "O que arde", de Óliver Laxe, e que acadou un Premio Goya á mellor actriz revelación.

O filme se proxectará para os estudantes dos institutos o xoves 13 ás 18.00 horas e despois haberá dous pases abertos ao público en xeral e de balde. Serán o propio xoves 13 e o venres 14, a partires das 20.00 horas, no salón de actos do IES As Barxas.