10 de diciembre de 2019
10.12.2019

Xoguetes e libros pola igualdade

Cangas amplía o fondo Dolores Blanco Montes e promove xoguetes non sexistas

10.12.2019 | 01:41
Arriba, a bibliotecaria Pilar Refojos con Victoria Portas. Á esquerda, a concelleira coa directora do CIM, Paula Vázquez. // S.Á.

Baixo o título "En Cangas sementamos igualdade", o goberno local ven de promover iniciativas para avanzar neste eido. Á publicación dunha guía práctica únese a ampliación do fondo bibliográfico Dolores Blanco Montes e promoción dunha campaña que recalca que os xoguetes non teñen xénero.

"Seguimos creando ferramentas para que toda a veciñanza poida dispor de información en igualdade para empoderarse e poder coeducar", sinalou a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Feminismo de Cangas, Victoria Portas, ao presentar onte a campaña de promoción de xoguetes non sexistas, así como os "libros para a igualdade" que pasan a formar parte do fondo bibliográfico "Dolores Blanco Montes", na biblioteca central, en Rodeira. Dúas iniciativas que avanzan no proxecto denominado "En Cangas sementamos igualdade" que tivo preámbulo na guía práctica co mesmo título presentado hai unha semana.

"Xogar é un dereito que dende as institucións e familias debemos protexer", defende a edil, que abonda en que tamén "é unha fonte de aprendizaxe coa que aprendemos a respetar, a tratar con igualdade, a rexeitar a violencia" e acadar unha sociedade máis xusta. Desde o Concello recalcan que os xoguetes "non teñen xénero" e animan a traballar nese cometido cunha campaña que debe extenderse ás institucións, as familias, as escolas ou os centros de traballo.

"Non hai xoguetes de nenas e nenos, hai estereotipos sexistas e etiquetas que limitan e encasillan", como non hai cores de nenos e de nenas, senón etiquetas sociais "que limitan a súa creatividade". Portas insiste en apostar por xogos e xoguetes que proporcionen valores de igualdade, que reflexen a diversidade de cada persoa, acordes coa idade e libres de prexuizos sexistas. Tamén que sexan cooperativos, que inviten a compartir e a convivir, que fomenten actitudes de solidariedade, equidade e respeto á diversidade, a expresar sentimentos e emocións e favorezan as relacións igualitarias e a medrar en armonía e igualdade.

Un obxectivo semellante ao que persegue o fondo Dolores Blanco Montes, que leva o nome da sindicalista canguesa que sofriu represión da época franquista, nas bibliotecas públicas de Cangas, ás cales o Concello ven de dotar con novos exemplares para elevalo ata 555. Todos estes libros son de temática relacionada coa igualdade e a muller en diferentes aspectos: "sociais, sexuais, legais e reprodutivos", así coma un apartado de contido infantil e xuvenil, destacan as representantes municipais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
'Los Futbolísimos, el Musical' llegará a Vigo, el 15 de febrero en un gran espectáculo para niños y mayores en el Teatro Afundación. FARO DE VIGO te invita a asistir en directo con el sorteo de 5 premios de 2 entradas.

Comeza un ano máis o Concurso Illas Cíes no que os nenos e nenas de Vigo nos contan como ven eles as Illas Cíes

FaroEduca