"En Cangas amamos a igualdade. Mais para amar hai que sementar primeiro ese cariño e facer que a semente medre e fructifique. E que mellor maneira de regar esa planta que espallar a auga pinga a pinga polos centros educativos, polas bibliotecas, polo maior número de fogares... por todos os recantos susceptibles de albergar persoas receptivas". Con esas palabras inicia o al calde Xosé Manuel Pazos, a presentación do libro "En Cangas sementamos igualdade", unha guía práctica que financia o Concello coa publicación de preto de 2.000 exemplares e que presentou onte acompañado pola súa autora, Llerena Perozo, e a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Feminismo, Victoria Portas.

Pazos incide en que a igualdade "non pode ser un concepto abstractro simplemente", senín que ten que constituír un xeito de vida cotiá "que nos leve a loitar por ela, a arroupala e a defendela cada intre das nosas vidas". Suliña que esa igualdade entre as persoas, "entre as mulleres e os homes, entre diferentes opcións vitais, non é algo que poida ser obxecto de debate nin de dúbida", senón "un obxectivo irrenunciable de quen cremos nun mundo mellor". O libro pretende achegar "o noso gran de area na tarefa común e urxente de conseguirmos unha sociedade máis xusta e igualitaria", recalca o rexedor.

Llerena Perozo Porteiro explicou que a publicación ten o obxectivo de servir como "guía práctica e de bos usos", útil para perseguir e acadar esa igualdade,comezando pola infancia e as familias, que deben alentar esas consignas e que deben practicarse en calquera contexto social. Pretende ser unha "ferramenta sinxela e concisa para achegarse ao maior número de xente". Na primeira parte márcanse pautas para esa igualdade e na segunda, para darlle resposta se non se cumpren. "Se aplicamos a primeira, a segunda será innecesaria", proclamou a autora, que insistiu en que non se trata "dun libro de mulleres, para mulleres nin contra homes", senón para toda a sociedade, que debe ser máis xusta e igualitaria.

Neses argumentos abundou a concelleira Victoria Portas, que presentou anha publicación "atemporal", como un paso máis do Concello de Cangas para "sementar educación en valores e igualdade" e anunciou que o actual goberno seguirá nesa liña con iniciativas que se irán presentandoproximamente coa implicación de colexios, bibliotecas, comerciantes e outros colectivos sociais do municipio.