04 de diciembre de 2019
04.12.2019

Alumnos de Primaria de Moaña aprenden portugués a través do galego

O Concello programa a segunda edición dos obradoiros "O Mundo de INHO"

04.12.2019 | 02:35
Estudantes do CEIP Quintela, no obradoiro.

Os estudantes de 5º e 6º curso de Primaria dos colexios de Quintela, Tirán e Reibón participan esta semana na segunda edición dos obradoiros "O Mundo de INHO", que pretende que os nenos aprendan a ler textos escritos en portugués a través do coñecemento do galego. Con monitores de AGAL, traballan en distintos exercicios sobre as profesións e os diferentes xeitos de chamarlles nas dúas beiras do Miño.

Cada sesión dura 100 minutos (dúas clases seguidas) e cada grupo conta con entre 20 e 30 alumnos. Os obradoiros están programados polo servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Os pequenos aprenden a proximidade que existe entre o galego e a lingua dos distintos países lusófonos. As actividades comezan coa escoita duns monólogos en portugués brasileiro describindo unha serie de profesións, onde comprenden as similitudes e diferenzas co galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook


Ledicia Costas: "Me gustaría ver a una mujer presidiendo el Gobierno de España"

En un vídeo de dos minutos y medio, la escritora relata cómo decidió cambiar la abogacía por la literatura: ?A las niñas les digo que, con esfuerzo, es posible?

Comeza un ano máis o Concurso Illas Cíes no que os nenos e nenas de Vigo nos contan como ven eles as Illas Cíes

FaroEduca