O grupo Pardal na Rúa preséntase hoxe cun concerto no pub La Buena Vida, unha actuación na que presentarán un repertorio "multicor de versións e novas creacións que procuran a esencia da expresión artística na autenticidade e naturalidade da música". A actuación será a partir das 22.00 horas e a entrada é gratuita. O grupo contará coa colaboración especial das pandereteiras de Lina e Lola.

Pardal na Rúa está integrado por Ánxela Covelo, José Pumar e Alfonso Malvido e o grupo aposta pola liberdade creativa, o amor pola música propia e o respecto por todas as tradicións musicais.