Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O tranvía que desexou O Morrazo

O cangués Antonio Graña relata as negociacións en 1923 para prolongar a líña Pontevedra-Marín á península

1889,traseira do tranvía a vapor Pontevedra-Marin.Estación-de Marin. // Arquivo do autor

Cando o reloxo marcaba as 5 da tarde, que era a hora asignada para o comezo do acto, o local (do que fora tamén nos anos 40 e 50, Cine Principal) xa estaba ateigado de público. Había persoas de todas as clases sociais dos Concellos de Moaña, Bueu e Cangas: era unha mostra palpable do interese mostrado pola poboación ante tan grande posibilidade. O motivo principal da xuntanza era consensuar un escrito para facelo chegar as Cortes Españolas, e requirir do Ministerio de Obras Públicas a prolongación do tranvía eléctrico Pontevedra - Marín ata Cangas. Presidían o acto os alcaldes de Cangas, de Bueu e de Moaña, os representantes das Cámaras de Comercio de Pontevedra e de Vigo, Manuel Mosquera (O Barbicas, célebre mestre que abandeiraba a campaña pro tranvía) e o ex deputado provincial, Prudencio Landín.

José Cornide tomou a palabra, para dar lectura das adhesións recibidas, a saber: As do Alcalde de Pontevedra, Marín, e Vilaboa, os señores Amador Montenegro, José Boente Sequeiros, a Cámara de Comercio e Navegación de Vigo, a Asociación para o Fomento do Turismo de Galicia e Vicente Filgueira. Tamén estaban representados os xornais Galicia e Faro de Vigo. O Alcalde de Cangas, José Pereira, abriu o acto dando a benvida os asembleístas, para logo expoñer o obxecto da Asemblea. José Cornide falou en representación do alcalde de Bueu, fixo resaltar a inmensa importancia do tranvía para toda comarca do Morrazo, nomeou con encomio o Sr. Massó, que como non podería ser de outra maneira, xuntábase con entusiasmo a dito proxecto, e o mesmo dixo das demais clases sociais de Bueu. Mosquera diu a benvida os presentes, en especial as mulleres que ocupaban os palcos, e a continuación fixo historia das xestións feitas ante o Consello do Tranvía de Pontevedra. Antes de que este poida dar contestación, recalcou que para a empresa tranviaria éralle imprescindible coñecer certos datos: Primeiro, se hai capital. Segundo, se haberá posibilidades de éxito. Terceiro, datos fiables do número probable de pasaxeiros entre os distintos pobos entre si e dos que farían o traxecto entre as diferentes poboacións e a capital, Pontevedra. Tamén dixo que miraba viable unha fusión coa liña de Pontevedra, aportando novo capital a ela. Como exemplo citou a fusión das empresas tranviarias de Vigo e Baiona, que resultou ser un verdadeiro éxito. Como remate, falou o ex deputado provincial, Sr. Landín, que pronunciou un longo discurso, expoñendo as enormes vantaxes que traería a realización de tal proxecto. Tamén aludiu a visita o Consello de Administración do Tranvía de Pontevedra, e leu datos referentes a o proxecto Marín - Cangas.

Cronoloxía

Estas son as datas do Tranvía de Pontevedra a Marín, que puido chegar a Cangas tras o proxecto de electrificación:

1889 - 12 de xuño. Este foi o día elixido para a inauguración do tren a vapor Pontevedra - Marín. Nese mesmo acto, foi estreada unha peza musical co nome de "El tranvía de Marín", interpretada pola Banda do Rexemento de Luzón, con base en Lugo, peza composta polo director da mesma, o mestre Sr. Comas.

Nin que dicir ten que a máquina resultou ser lenta, lentísima, incluso algúns pasaxeiros "xogaban" saltando do tren en marcha, para logo volverse a montar nel. Aínda así ese tren durou 35 anos, ata ser suprimido por tranvías eléctricos.

1903 - 12 de xuño. Na casa do deputado en Cortes pola Cañiza, Alejandro Mon, reuníronse diferentes personalidades da provincia de Pontevedra, para tratar do establecemento dun tranvía eléctrico de Marín a Cangas.

1906 - 1 de outubro. No xornal "El Marinense", dicíase que a Cámara de Comercio de Pontevedra, ven de elaborar un proxecto de tranvía eléctrico a Cangas pasando por Marín.

1907 - 25 de marzo. A voltas coa electrificación do tranvía a Marín. O xornal "Diario de Pontevedra", dicía ó respecto nunha columna de opinión, "? obras complementarias son el tranvía eléctrico a Cangas, que enlace con dicho puerto los pueblos de la Península de Morrazo, y nos pongan en comunicación más directa con Vigo, con un establecimiento de servicio de vapores entre los demás pueblos costeros de estas rias".

1907 - 10 de maio. Din que unha Sociedade Industrial está en contacto coa empresa de Tranvías de Pontevedra, para estudar a concesión deste. De realizarse propón a nova empresa ampliar a liña ata Cangas.

1917 - 15 de febreiro. Columna aparecida na portada do xornal "Progreso" de Pontevedra.

"Charlas Caseras: El tranvía eléctrico a Marín, Bueu y Cangas.

Tengo yo un amigo queridísimo que a sus excelentes cualidades personales une para mí la más enaltecedora de ser muy amante de nuestra bella ciudad; pero que el hombre, lejos de poseer un humorismo como la mayoría de nuestros convecinos, mira siempre las cosas por el lado serio y van ya unas cuantas tardes que, al dar nuestro cotidiano paseo por las anchas avenidas de nuestra amplia Alameda, en vez de regocijarse cual lo hacen los demás compañeros con las celebradas ocurrencias de unos y otros, saca este amigo a relucir una de proyectos y de cosas que, a la verdad, dado el calor y entusiasmo que pone en sus argumentos, hay ocasiones en que temo por su razón. Y sin embargo mi amigo no está loco.

Esos hombres que acabamos de ver pasar, y como ellos otros muchos, los tendríamos entre nosotros a cada momento si tuviesen facilidad de comunicación; pero hoy por hoy no pueden hacerlo porque las pocas horas que les quedan libres se las lleva el venir y volver en esa carreta llamada tranvía que anda siempre a remolque y a capricho; y los que se arriesgan a visitarnos suelen tener los pobres que recorrer a pie esa larga distancia, para no faltar con sus obligaciones.

Desengañémonos:

Hoy como nunca tiene necesidad el pueblo pontevedrés de laborar para que la actual empresa que viene explotando el tranvía se decida a establecer la línea eléctrica hasta Cangas, con lo cual las familias de los marineros podrían habitar en la capital y los viajeros de Vigo se ahorrarían las molestias del ferrocarril, y caso de que la citada Empresa se hiciera sorda a estos justos requerimientos, entonces el pueblo en masa deberá constituir una sociedad por medio de acciones de 50 pesetas, para que pudiesen suscribirse hasta las domésticas, y a construir acto continuo el necesario tranvía eléctrico; porque aun cuando no produjera interés alguno al capital a invertir, seguro estoy de que no habría ni un solo vecino en la ciudad y en el trayecto a recorrer que se negase a cubrir su correspondiente acción o si los propietarios de la actual línea necesitasen ese concurso popular, que prueben y verán que no le falta.

Señor Presidente de la Cámara de Comercio de esta capital: a usted con todos los respetos debidos, le brinda para que la apadrine, esta sentida ansia de varios pueblos y de un amigo.

Jaime de Suevia - Pontevedra

1918 - 20 de setembro. Unha sociedade inglesa está en negociacións coa empresa do tranvía Pontevedra - Marín, para mercala. Hai uns días que iniciaron as negociacións, que o parecer van polo bo camiño, teñen o proxecto de electrificalo, e o mesmo tempo facéndoo chegar ata Cangas.

1923 - marzo. Na Deputación Provincial é recibida unha carta subscrita polos señores deputados Waldo Gil, Vicente García e Dionisio Quintillán, todos eles pertencentes o Movemento Agrario, solicitan a Corporación que acorde facerse intérprete das aspiracións dos veciños da Península do Morrazo, e proceda a iniciar con urxencia un estudo económico para instalar unha liña de tranvía eléctrico con dirección a Cangas que dea vida e desenvolvemento á comarca. Insisten en presentaren esa mesma petición perante as Cortes.

1923 - abril. Dan como seguro que o tranvía a vapor de Pontevedra a Marín vai deixar de funcionar por ese método. A liña pasará a ser electrificada.

1924 - xuño. Estase a proceder á colocación das columnas que sosterán o cable eléctrico do tranvía Pontevedra - Marín. Nada se fala xa do proxecto que o conduciría a Cangas, pese as demandas colectivas das xentes de todo o Morrazo.

1952 - mes de outubro. Aparece no Faro de Vigo esta sorprendente noticia: Estase a estudar a posibilidade de erguer un dique-ponte entre ambas ribeiras da Ría de Vigo que, equipado con esclusas, serviría para aproveitar a forza das marés que mediante un sistema de turbinas xeraría electricidade que en pleno funcionamento daría para a electrificación de Vigo en toda a súa zona de influencia. Fálase novamente da construción dunha liña circular de tranvía que saia de Vigo e atravese a futura ponte con dirección a Moaña, para logo dar volta a todo o Morrazo, con chegada a Pontevedra e regreso a cidade olívica.

Na outra banda da ría (Península do Morrazo), dicían (? ): poderíamos instalar as grandes factorías navales e aeronáuticas, fornos eléctricos para obtención de aceiros especiais, etc., etc.

(*) Veciño de Cangas

Compartir el artículo

stats