Concertos, foodtrucks, obradoiros, catas, dj´s, xogos populares... e por suposto, cervexa. As preto de 50 especialidades que se poden degustar no "Cangas Beer Fest", a Festa da Cervexa Artesá que se celebra durante a fin de semana baixo unha carpa instalada na explanada de Ojea pola que xa pasaron centenares de visitantes. "Ou milleiros", sinalan desde un dos postos de venda, que agarda redondear a edición na xornada de hoxe, a pesares das suaves temperaturas.

Comando Vinilo e Losto Kinski amenizaron a xornada de onte. A apertura da carpa será hoxe ás 12 do mediodía, e poco despois haberá xogos populares e sesión "beer-mú" con Comando Vinilo. Pola tarde, ás oito e media dará un concerto o grupo musical Selvática, e ás 22.30 será o concurso da mellor etiqueta do festival, da mellor cervexa o do mellor foodtrukc. Arredor das 11 da noite será a entrega de premios, previo ao peche da segunda edición do festival.