10 de agosto de 2019
10.08.2019

Cangas abre o prazo de axudas para contratar a persoas do taller de emprego

10.08.2019 | 02:47

A Xunta de Goberno Local de Cangas aprobou as bases e a convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea das persoas participantes no "Obradoiro dual de emprego Granxa da Rúa VIII" . As bases para optar a estas subvencións poden consultarse na web do Concello ( www. cangas.gal). e no taboleiro municipal. O período de presentación de solicitudes comezou onte e rematara o vindeiro venres, día 16.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook