Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A pegada de Bernardino Graña na Capela Sixtina de Roucos

O poeta ten colgada unha carta na taberna viguesa Casa Roucos

Retrato de Bernardino Graña que fixo o pintor Xavier Lemos.

Sirita, irmá de Antonio Carrasco, ela nos fogons, él mesa e mantel, na Capela Sixtina, que bautizaran o editor Bieito Ledo e o pintor, Antón Pulido ou mesmo dicir Casa Roucos, templo culinario fundado, hai moitos anos por Sem, paisano chegado de terras de Cenlle, acompañado da súa dona Adela de Amoeiro, pais de ambolosdous irmáns, establecéndose na rua Santa Marta.

Arredor dos fogons de Adela noutrora, un fervedoiro de artistas, escritores, poetas, bohemios, políticos, editores, daquí e dacolá, Lamazares, Aymerich, Acisclo, Vidal Souto, inesquecibles Laxeiro, Lodeiro, Mantecón, Sucasas, Xosé Guilermo, Mario Granell, Xavier Pousa, "Willy", Oroza, Celso Emilio Ferreiro e tantos outros expoñentes da palabra e da escrita como Ferrín, Xosé Manuel Ponte, Xerardo Rodríguez, Gustavo Luca de Tena, Bieito Ledo, uns e outros, deixaron na taberna unha forte pegada literaria e onde se forxaron historias como a acontecida no ano 1973, cando Conde Corbal lle dixera a Xavier Lemos, que ía expoñer diante da Feira Mundial da Pesca, sendo este último o que a levou a cabo, orixinando expectación e titulares nos medios de comunicación daqueles días -El Pueblo Galego- : "Un polizón a bordo da Feira Mundial da Pesca".

"El pájaro en el nido para Sira", adicara o pintor de Lalín, un de varios debuxos que penduran nas paredes do local a carón da cabeza de Sem, asinado por Xosé Guillermo, pinturas de Barreiro, Huete, M. Caballero ou pirogravados, onde aparece o autor de "Longa noite de pedra", mesmo unha carta enmarcada, asinada por Bernardino Graña do 27 de xuño 1990, onde se pode ler:

"Hai xa varios meses que teño este poemiña de amizade a tertulia do Bar Roucos. Van pasando os días e non pasa as túas mans como debera..." Xa forma parte da exposición do local . "No Bar Roucos, xunto ó porto/ de Vigo, refuxio de ánimas,/

non son roucos nin son ásperos/

os meus amigos que cantan:

Cipriano, Roberto, Fuco,/

Carmiña, Toñito, Sira,/

Marisol, Olga, Os Manolos,/

con palitroques, naracas,/

guitarras, flautas, ferriños,/

entre vasos de tintorro./

Non son ásperos nin roucos,/

cantando aquí, no Bar Roucos./

Son doces como os amores/

as harmonías, os gozos".

Isto e moito mais, acontecía noutros días, naquelas noites, na taberna de O Roucos, ainda en pe ao carón do convento dos Franciscanos, dous templos antigos da cidade de Vigo, culinario e relixioso, que non debemos esquecer, cos días contados debido ao derribo do Barrio do Cura.

(*) Dinamizador cultural e comisario de exposicións

Compartir el artículo

stats