Baixo o título "Canta, miña pedra, canta", a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Marín preparan esta actividade de dinamización da lingua galega, dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos e ás súas familias. Será o vindeiro sábado 8 de xuño, ás 12.30 horas, na alameda.