Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Fervenza Costas: "O primeiro que faría ao regresar á Alcaldía sería retirar os valos de Seara e rematar o paseo"

"Moaña ten que decidir entre unha alcaldesa que manda mercar o centro de saúde nunha inmobiliaria o un goberno que o teña en 6 meses"

El test del candidato | José Fervenza, PP Moaña: "Conduzco un coche de 23 años y llevo unos 15 euros en el bolsillo"

El test del candidato | José Fervenza, PP Moaña: "Conduzco un coche de 23 años y llevo unos 15 euros en el bolsillo"

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor.

El test del candidato | José Fervenza, PP Moaña: "Conduzco un coche de 23 años y llevo unos 15 euros en el bolsillo" Moaña

Afronta unha campaña en horas baixas para o PP tras os resultados das Xerais e as estimacións que arroxan as enquisas, pero Xosé Fervenza ten craro que si algo hai que defender por riba de todo, non son as siglas, senon Moaña. Quere regresar á Alcaldía e dí que o primeiro que faría será retirar os valos de Seara, rematar o paseo e que Moaña teña centro de saúde en 6 meses, ademáis de mellorar o emprego con proxectos nas fincas de Méndez Núñez e Arenal e a construcción do auditorio.

-Como está a percibir a campaña en Moaña?

-Estamos facendo unha campaña de trato directo cos nosos veciños e veciñas. Escoitando as demandas e as preocupacións, que son moitas, e por suposto escoitando as súas propostas. O noso programa electoral está basado nas necesidades das nosas familias, veciños que teñen fillos e fillas con necesidades especiais, a atención os nosos maiores e persoas dependentes e sobre todo atender de forma urxente as dificultades cas que se atopan os nosos veciños e veciñas cada día.

-Bota de menos a Rajoy ou se apoia ben en Casado?

-O que boto de menos nestes catro anos é o que perdeu Moaña en infraestructuras, emprego e crecemento. Non son un home de siglas e creo que os que me coñecen o saben

-Cre que o PP debe estar no centro do panorama político?

-O Partido Popular que se poña do lado que queira, eu sei donde estou, ó lado de Moaña. Demostreino en moitas ocasións, loitando co meu pobo no "catrastrazo", coas familias afectadas pola Lei de Costas que lamentablemente o recurso do partido soicalista en Madrid ten paralizado. Eu puxen a camiseta amarilla das preferentes, e non a azul, e reclamei ante todas as institucións de que se fixera xusticia con estas familias, para que recuperaran os seus aforros. Eu estiven cos meus veciños e veciñas na marcha do Auditorio, e non mirei alí a parte de este goberno. Si volvemos a ter un bipartito ou tripartito habrá unha segunda marcha.

-En Moaña a dereita non se presenta fraccionada, con todo as enquisas non son favorables ¿percíbeo así entre os veciños, que cifras valoran?

-Eu nestas encuestas non percibín o abandono do noso pobo, nin o proxecto de Seara paralizado, nin os precintos da Policía nos parques infantis. Moaña tendrá que decidir se quere unha alcaldesa que nos manda comprar o centro de saúde nunha inmobiliaria o un grupo de goberno que en seis meses consiga traer para Moaña mais de 4,5millon de euros que suporán a maior inversión na historia sanitaria de Moaña.

-Contempla a posibilidade dalgún pacto?

-Meu pacto son os meus veciños e veciñas, como sempre fixen dende que entrei en Política, porque xuntos somos mais fortes..

-Que é o BNG para vostede?

-Un partido que se presenta as eleccions con Bildu.

-E o PSOE?

-O comodín ou o peón de Leticia Santos, chámelle como prefira.

-Que opinión ten do candidato independente Javier Carro?

-Como persoa mostro o meu respeto a todo aquel veciño ou veciña que se presenta nunha lista electoral, e pido o mesmo respeto para os colectivos que traballan por Moaña.

-E destes cuatro anos de bipartito BNG-PSOE?

-Nin unha sola infraestructura, nin unha soa inversión, nin un metro cuadro de beirarruas en Domaio, nin Berducedo, nin Abelendo nin Meira. A gran obra deste bipartito foran os valos de Seara.

-Que é o primeiro que faría de regresar á Alcaldía?

-Rematar o paseo de Seara e retirar os valos e urxentemente reparar e desprecintar os parques infantis. De forma urxente reunirse con sector do mar, Xunta de Galicia, Augas de Galicia para parar a contaminación das nosas praias e acabar con vertidos..

-Os seus proxectos para este concello.

-Quero unha Moaña de crecemento, erradicar o paro, e isto se pode conseguir con proxectos como os que propoñemos para a Finca Arenal e finca Mendez Núñez, o centro de saúde ou o auditorio, si se coloca unha grúa en cada un destes lugares ahí créanse postos de traballo. En canto consigamos o novo centro de saude o actual convertirase nunha instalación de referencia para as persoas afectadas por enfermedades como o Alzhéimer e outras discapacidades. En Moaña algo ten que cambiar, para axudar o pequeno comercio e a hostelería que están pasando momentos moi difíciles. O fomento do turismo de Moaña ten que ser a chave para a recuperación destes sectores. Este cambio co noso goberno é posible.

-Que pensa cando ve un lazo amarelo atado en Moaña?

-Leticia Santos e os seus compañeiros encheron de lazos amarillos a nosa Moaña, en lugares e monumentos que pertencen a todo o noso pobo, e incluso se atreveron a colgalos e poñer urnas as portas dos colexios donde estuden os nosos fillos e fillas, soamente para crear confrontación, polémica e desviar a atención sobre a súa mala xestión.

Compartir el artículo

stats