O Día das Letras Galegas fíxose visible nas aulas dos colexios de Marín durante os últimos días. Así, o CEIP da Laxe celebrou unha Semana Cultural e das Letras Galegas, adicado a Antón Fraguas. Nesta programación, os estudantes comenzaron pintando un graffiti adicado ao autor homenaxeado este ano, coa colaboración do grupo de cultura urbana Vella Escola. Logo fixeron un taller de Beatbox. O segundo día contaron a actuación do espectáculo teatral Tarabelos, que representou a obra "Sabela e o paxaro máxico", mentras que o terceiro día contaron co Mago Noel, que fixo as ledicias dos nenos co seu espectáculo. A continuación desenvolveu un Obradoiro de Maxia cos rapaces. No último día da semana organizaron un concurso de Kahoot sobre Antón Fraguas e logo xogos populares e a actuación do grupo folclórico de música popular "Os de Marín", que puxo o broche a esta Semana Cultural das Letras Galegas.

Carballal

Tamén o alumnado do CEIP do Carballal celebrou o Día das Letras Galegas, organizando unha festa e gozando dunha romaría popular no centro escolar, onde toda a rapazada puido degustar, no céspede do colexio, de produtos típicos da terra. Ataviáronse con traxes tradicionais galegos en honor a este escritor, historiador, antropólogo é etnógrafo galego. Unha das actividades levadas a cabo polos escolares foi a presentación da bandeira, simbolizando toda a etnografía que este escritor traballou. Cada peza foi previamente elaborada en cada curso, na súa aula. Para amenizar a merenda e continuando co proxecto deste curso "Marín, de todo un chisquín "contaron coa colaboración dun grupo de cantareiras da vila "Fentos e Froumas" que fixo máis festiva a actividade. Os rapaces e rapazas aproveitaron a ocasión para bailar uns bailes tradicionais galegos coa axuda da mestra de música, Soraya.

A Asociación de Veciños de Pardavila prestou uns xogos tradicionais e xunto coa colaboración da Anpa Viñas Blancas, contribuiron a que os nenos e nenas disfrutaran da celebración deste día.