Entre outras sinaturas que deixaron pegada nas páxinas dos dous grandes libros da Mangallona, poden testemuñar o interese e a amizade de xente chegada de diferentes xeografías:

O poeta Rafael Mayor, poeta dende Madrid datada o 25 de agosto de 1992; Membros da TV franco alemana Arte-Ina, fano o 27 e 28 de marzo de 1993; o intelectual Luis Grandal o 25 de agosto de 1993; o director de Cultura de Marianao-La Habana Bertolomeo Pérez, o artista catalán Juanjo Botifoll, a especilista de arte cubana Martha Gómezou o Secretario do Museo do Pobo Galego, pasarían en marzo de 1993; a xenial artista Dalia Bialkovschi o 22 de outubro de 1994; Amalia Casal Rey-Durán responsable do Centro de Estudos Galegos en Bahía-Brasil en setembro de 1994.

Xullo e agosto de 1995 cursan visita o físico profesor Fidalgo dende Asturias; o Director do museo Africano Mundo Negro, Miguel Ángel Llamazares o 25 de xullo; o 22 de agosto, o artista Barseló; o 20 de agosto, fano o poeta do xesto Alexis e o veterano director de cine Ochoa. O 1 de setembro chega de París María Rincón Fihol; tamén o dramaturgo Amado Ricón; en decembro, dende Bélxica, Jozef van Lintoutd, biógrafo de Bruguel el Viejo.

Outras personalidades van chegar dende Chile, o artista Ariel Rocha Fuendevila, o 1 de febreiro de 1996; o xa referido biógafo de Nicolás Guillén e académico Ágel Augier, dende Cuba, acompañado da escritora Mary Cruz, o 9 de febreiro do 96; o académico e poeta Luís Suardíaz, dende Cuba o 5 de maio do 96; a Fiscal Xeral do Estado de Ceará-Brasil Aurila Carneiro e o profesor e cinéfilo Regis Frota, dende Fortaleza-Brasil en marzo do 96; Julio César Vasconcellos, vereador de Río de Janeiro, o 23 de xuño do 96; Hadi e Khalil Mohamed, dende o Sáhara Occidental o 4 de setembro do 96; Odette Bonamis, dende Francia e Bruno Kammerer, recoñecido deseñador e membro da Internacional Socialista dende Zurich-Suiza o13 de setembro do 96; co gallo do Día Mundial do Teatro o 30 de marzo do 97, asinan entre outros os portugueses José Martíns, actror e Aemiqueta Maya, actriz; en marzo do mesmo ano Madeleine Ramy, arquiveira que ostenta a Cruz de Mérito das Letras e das Artes da Francia; o 3 de marzo do 97, visita a Mangallona Fidel Troya, deputado da Asemblea Nacional de Cuba, director Provincial de Cultura de Holguín e membro do Comité Nacional de Cultura, acompañado do Consul Xeral de Cuba Luís Felipe Vázquez e Rosendo Guijarro, Tte. Alcalde de S. Vicente dels Horts-Cataluña; en xaneiro do 1999 visíata de Jhonn Erosse, profesor en Robinover de EE.UU; Boris, dende San Peretrsburgo, o 11 de agosto de 1999.

O 10 de abril do 2000, nun encontro de arte na Mangallon, van coincidir artistas de Galiza, Portugal, Francia, Arxentina, Canadá e Cuba; Tatiana e Alexandre Katchelaeva, dende Moscu-Rusia o 17 de xuño de 2001; o 3 de marzo de 2001, Chassa Chromoscha, dende Rusia; dende Canadá, en xuño de 2001, Yolande Paquín, Denisse, Chantal e Mireille Forguet, artistas; Gerard Bulow, chega dende Frankfurt-Alemaña o 23.12.2002; a profesora da Universidade de Texas-USA Elizhabet Arndt, 20 de xuño de 2007; o artista Vando Figueirtêdo o 21 de novembro de 2007; Pablo Villarubia, dende Madrid e Sao Paulo o 5 de xuño de 2014.

Alumnado de Reino Unido

Estas son algunhas das achegas á Casa-Museo de Camaño Xestido, que xunto cos colectivos, centros docentes ou universidades, conforman un tecido de visitadores que se deron cita na Mangallona, para investigar, ou simplemente ver e coñecer o continente, contido e autor. Como exemplo e facendo un telegráfico percorrido polos procedentes doutros países: no 1993 visita unha representación do alumnado da facultade de Belas Artes da Universidade de Kingston-Reino Unido. O 2 de febreiro de 1998 R. Schol, de Vantaa-Finlandia.Tamén pasaron por aquí o Instituto-Schol Wilhelmhaven- Alemaña, o Instituto de Leça de Palmeira-Portugal, o Liceu C. Mihaell Kogalniceau de Foscania-Rumanía e o Instituto Scolastico P. Villani, de Nápoles-Italia.