O Mestre Delarra, un dos maiores representantes da escultura monumentalista,chega por primeira vez á Mangallona o 6 de xuño de 1994, estadía na que realiza un busto a Camilo, sendo este xesto recíproco pois Camilo realiza igualmente dos retratos ao mestre, o que supuxo afianzar unha fonda amizade que durou ata o seu pasamento. Ambos compartiron obradoiros tanto na casona de Coiro como no seu da Habana, encontros con presenza de Aleida Guevara, dada a fonda amizade de Delarra co Che, compañeiros de loita en Sierra Mastra, que o levou a participar no primeiro goberno do triunfo da revolución inda que polo tempo imprescindible posto que a súa misión vital era a arte. Delarra vai deixar dedicado A Kamilo. Delarra. 1994, ademais dunha dedicatoria no libro: Kamilo: se hacen hermanos al andar los hombres, todo verdad y corazón, A Mangallona ya queda marcada en mi vida como un crucero de amor. Tu nuevo hermano caballero de la justicia social y el Arte que es lo mismo. Gracias mil por todo. 6.06.94.