O Ateneo Santa Cecilia anticipou o Día das Letras Galegas, que hoxe se celebra, coa entrega dos premios do V Concurso "Marín Conta", convocado entre os escolares marinenses de primaria e secundaria. Cunha partincipación de máis de 90 traballos, o xurado formado por Fernando Goldar, Azucena Diéguez, Marina Santiago e a escritora Elena Gallego que actuou como secretaria, acordou premiar, na categoria de Primaria ás obras tituladas "Un anaco de historia nun banco" de Noa Vázquez, alumna do colexio CEIP Sequelo; "Pick, constructor de petroglifos" de Ángela Silva do colexio Sequelo e "Dante e Vera" de Valeria Crolla do colexio Inmaculada.

O xurado estimou que había que premiar con Accesit as obras tituladas "A sardiña perdida" de Manuel Parada do colexio Sagrado Corazón de Placeres e "O xigante barrigón" de Antonio Fernández do colexio CEIP de Seixo.

Na categoría "Secundaria" o primerio premio foi para a obra titulada "Voces" de Irene Salomón do IES Mestre Landín, o segundo premio para a obra "Unha pequena historia" de Ana Belén Castro do IES Mestre Landín, quedando o terceiro premio deserto por decisión do xurado. Todos os premiados recibiron un diploma acreditativo e diversos lotes de libros aportados nunha boa parte pola editorial Galaxia. Antes da entrega ofreceuse unha unha conferencia sobre Antonio Fraguas impartida pola escritora e filóloga Malores Villanueva Gesteira.

Dentro dos actos oficiais programados polo Concello, o Museo Torres acolle hoxe a entrega de premios do XIX edición de concurso de poesía. Neste acto recibirán os premios de poesía os gañadores tanto en categoría escolar, coma adultos. O grupo Picuiña porá a nota musical, interpretando ademáis do himno, unha peza relativa a Antonio Fraguas.

Curtametraxe

No mesmo acto proxectarase a curta de animación "As aventuras de Lúa e Xan en Planeta Briz", que o Concello encargou a Rodrigo Cota, codirector e guionista. Este encargo tamén incluiu a Jorge Costas, encargado da animación.

A curtametraxe relata a aventura de Lúa, unha meniña que mentres está xogando en Briz recibe a vista de Xan, un alieníxena a quen lle ensinará o espectacular Parque de Briz. A actividade comenzará ás 12.00 horas. Pola tarde animará as rúas a Batucada Os da Caña.