Aquí non hai silencio porque hai homes/ falan os homes falan/ aquí non pasa o vento esa fantasma/ os homes falan falan/ e fórmase outro vento outro rebumbio/ unha fantasma feita deste fume/este fumar sen tino estas palabras/e pasa un suave gato que é da casa.

Beben viño coñac/ berran discuten contan chistes mascan/ un pouco de xamón tal vez chourizo/o gato ulisca cheira mira agarda/vai á cociña vense ao mostrador quixera/un anaquiño de boa carne un chisco/de tenrura algún queixo unha migaIla?.

Son algúns dos versos do poema "O gato na tasca mariñeira" de Bernardino Graña que onte soaron na Praza das Pontes de Cangas, nunha adaptación feita por case unha veintena de usuarios da Asociación de pais e nais de minusválidos psíquicos do Morrazo (Aspamsim) para conmemorar ás Letras Galegas que este ano dedícanse a Antón Fraguas. Con eles participaron unha decena de alumnos do Instituto Monte Carrasco, xunto ó músico e docente Sé Pumar, que puxo a melodía o espectáculo. Sobre a praza recreouse o ambiente dunha taberna, coas suas mesas e manteis de cadros e a festa dentro dela. Por iso que todo empezou con baile e despois unha integrante recitou o poema do poeta local xunto ao gato que representou un usuario de Aspamsim, nun traballo de equipo.

O Día das Letras adelantouse tamén a onte no colexio plurilingüe Casa da Virxe co festival "Se buscas a Galicia, en ti tes que atopala". Os alumnos demostraron todo o que se pode facer empregando a lingua galega: cantigas, baile, poesías, refráns, bromas,contos, adiviñas e encrucillados. Tamén no colexio CEIP de Abelendo, en Moaña, celebrouse o XXVI Cros Escolar polas Letras Galegas.

Hoxe en Cangas, ademáis da Gala da Cultura, haberá manifestación pola Lingua, ás 12:00 na Praza do Concello e o artista Agustín Bastón inaugura no seu taller en Rodeira a quinta edición da Biblioteca de Madeiras do Mundo. Preséntanse 26 obras novas para formar unha colección de 135. Na Casa da Garita de Nerga hai xuntanza das Letras, ás 12:30, con exposición, música e churrasco. En Moaña, as 12:30, Festival Folclórico no palco da Alameda con Breogán, Charaviscas e Solaina; e ás 20:00 Festival Coral, no CEIP Reibón, coa Coral Moañesa e Amigos da Farra.

En Bueu celébrase a Romaría de Sanamedio, as12:00 no parque da Antiga Escola Unitaria (no caso de choiva, no pabellón). O pregoeiro é Guillerme Ignacio Costa e actuarán Meiramar, Pais de San Roque, Os Liboreiros, Retrouso, Xuntanza de Randufe, Falcatrueiras e Os Mulos. Ás 13:30 farase unha lectura pública da biografía de Fraguas e pola tarde, ás 15:45 Polo Correo do Vento ofrecerá animación infantil e farán a entrega de gasallos. En Cela se entregan ás 17:00 os premios do Concurso de Microrrelatos e de debuxos.