16 de mayo de 2019
16.05.2019

O gato volta nas Letras Galegas de Cangas

Usuarios de Aspamsim recrearon o poema de Bernardino Graña na Praza das Pontes

16.05.2019 | 19:45
Un momento da recreación de Aspamsim na Praza das Pontes de Cangas.// G.N.

Aquí non hai silencio porque hai homes
falan os homes falan
aquí non pasa o vento esa fantasma
os homes falan falan
e fórmase outro vento outro rebumbio
unha fantasma feita deste fume
este fumar sen tino estas palabras
e pasa un suave gato que é da casa.

Beben viño coñac
berran discuten contan chistes mascan
un pouco de xamón tal vez chourizo
o gato ulisca cheira mira agarda
vai á cociña vense ao mostrador quixera
un anaquiño de boa carne un chisco
de tenrura algún queixo unha migaIla€
.

Son os versos do poema "O gato na tasca mariñeira" de Bernardino Graña que soaron esta tarde na Praza das Pontes de Cangas nunha adaptación feita por case unha veintena de usuarios da Asociación de Pais e Nais de Minusválidos Psíiquicos do Morrazo (Aspamsim) para conmemorar ás Letras Galegas. Con eles participaron unha decena de alumnos do Instituto Monte Carrasco xunto co músico e docente Sé Pumar que puxo a melodía o espectáculo.

Sobre a praza recreouse o ambiente dunha taberna, coas suas mesas, cadeiras e manteis a cadros e a festa dentro dela. Por iso que todo empezou con baile e despois unha integrante recitou o poema do poeta local xunto ao gato, que representou un usuario de Aspamsim nun traballo de equipo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook