Aquí non hai silencio porque hai homesfalan os homes falanaquí non pasa o vento esa fantasmaos homes falan falane fórmase outro vento outro rebumbiounha fantasma feita deste fumeeste fumar sen tino estas palabrase pasa un suave gato que é da casa.Beben viño coñacberran discuten contan chistes mascanun pouco de xamón tal vez chourizoo gato ulisca cheira mira agardavai á cociña vense ao mostrador quixeraun anaquiño de boa carne un chiscode tenrura algún queixo unha migaIla…

.

Son os versos do poema “O gato na tasca mariñeira” de Bernardino Graña que soaron esta tarde na Praza das Pontes de Cangas nunha adaptación feita por case unha veintena de usuarios da Asociación de Pais e Nais de Minusválidos Psíiquicos do Morrazo (Aspamsim) para conmemorar ás Letras Galegas. Con eles participaron unha decena de alumnos do Instituto Monte Carrasco xunto co músico e docente Sé Pumar que puxo a melodía o espectáculo.

Sobre a praza recreouse o ambiente dunha taberna, coas suas mesas, cadeiras e manteis a cadros e a festa dentro dela. Por iso que todo empezou con baile e despois unha integrante recitou o poema do poeta local xunto ao gato, que representou un usuario de Aspamsim nun traballo de equipo.