Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

José Manuel Vilas: "Nos nosos orzamentos os veciños decidirán a onde destinar o 25% do Plan Concellos"

Vilas amósase convencido de que haberá un cambio de goberno tras o 26 de maio

José Manuel Vilas, candidato do PSOE de Bueu. // Gonzalo Núñez

José Manuel Vilas encabeza por segunda vez a candidatura do PSOE de Bueu polo PSOE. Foi concelleiro no periodo 2007-2011 e desde 2015 e o voceiro socialista.

- Que sensacións está percibindo nestes primeiros días de campaña electoral?

-O que máis estou percibindo e que os veciños teñen ganas de cambio. Aí esta o PSOE de Bueu, demostrando que despois de facer unha boa oposición durante estes catro últimos anos podemos ofrecerlle os veciños un equipo capaz de gobernar, unha candidatura solvente, preparada, que vai a aportar aire fresco. En fin, un goberno que non lle vai a dar as costas aos veciños, senón que vai traballar con eles e para eles. Nada que ver co actual goberno do BNG, totalmente acomodado e metido no seu mundo.

- Despois da convocatoria electoral de 2015, que posiblemente fose a máis complexa dos últimos anos para o PSOE de Bueu, cales son as expectativas electorais para estes comicios?

-Imos a recoller o mellor resultado e imos a ser quen de gobernar Bueu.

- Está claro que unhas eleccións locais son diferentes a unhas autonómicas ou as xerais e non se pode extrapolar o voto. Pero o PSOE ten o vento a favor co "efecto Pedro Sánchez". Cre que se pode notar ao seu favor nas eleccións do vindeiro 26 de maio?

-Ten razón. Sempre digo que non son comparables e non teñen que ver unhas eleccións con outras. Pero como xa dixen antes imos a gobernar Bueu. Primeiro, polos veciños. Segundo, polo traballo feito ata agora. Terceiro, polo equipo. Cuarto, polo programa realizado e quinto, porque o merecemos. Se nos favorece o vento das últimas eleccións mellor que mellor.

- Esta convocatoria en Bueu tamén é peculiar pola fragmentación do voto, coa entrada de Ciudadanos e a continuidade de En Marea. A quen cre que lle favorece ou perxudica esta fragmentación?

-Eu non entraría en a quen perxudica ou favorece. Para min que os veciños teñan máis partidos onde poder elexir, paréceme fenomenal porque entra dentro da saúde democrática.

- Cales son as principais propostas que presenta o PSOE ou os principais pilares do seu programa para o período 2019-2023?

-Un Regulamento de Participación Veciñal porque é imprescindible que o Concello de Bueu teña unha relación moderna, actual e dinamizadora entre a corporación e os veciños. Paréceme incríble que Félix Juncal e o seu goberno se negasen sistematicamente estes últimos catro anos a levalo a pleno para a súa aprobación. Uns orzamentos abertos, nos que os veciños participen na elaboración e podan decidir onde investir o 25% do Plan Concellos. Ante o abandono a que ten sometido este goberno ao rural nós propoñemos máis investimento. Refírome a un plan de transporte, cun horario de autobuses máis continuado, instalar en diferentes zonas de compostaxe, adecentar ou facer casas da aldea, auga municipal, e zonas de lecer para a rapazada e a xente maior. No urbanismo, a axilización dos procedementos, en especial dos trámites para obter unha licenza, así como a baixada no imposto do ICIO. Tamén será imprescindible que as fillas e fillos dos meus veciños que estudan nos colexios públicos de Bueu o fagan nas mellores condicións posibles. Para iso non dubidaremos en reclamar a Xunta os investimentos necesarios.

- Cales son os grandes retos pendentes para Bueu que debería abordar a nova corporación?

-Para min o principal debería ser o desenvolvemento de solo. Bueu ten unha falta terrible de parcela dotacional de calidade, onde poder construír un edificio cultural bo, de calidade e sen estar encorsetado. Fai falla tempo, paciencia e colaboración dos propietarios. Tamén vivenda pública para xuventude: as parcelas das que dispón o Concello son perfectas e o meu goberno vai a ser capaz de levalas a cabo.

- Que cre que lle faltou a Bueu nestes anos, nos que vostede e o resto de grupos da oposición criticaron as formas da maioría do BNG?

-Ter unha maioría absoluta non quere dicir que os veciños che dean a potestade de facer o que che dé a gana. Fallou que mal entendida a maioría pasa polo feito de que os concelleiros que que cobran un soldo que paga o pobo non fixeron nin unha sola comisión onde deran explicacións do que fixeron ou deixaron de facer.

- Ve posible acabar con esa maioría absoluta do BNG despois de 12 anos?

-Sen dúbida.

Compartir el artículo

stats