Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Marta Freire: "Se a esquerda suma debe gobernar; outra cousa é que entremos no executivo"

Aspira, tras os resultados das xerais, a converter o socialismo na primeira forza da vila

Marta Freire, onte, nos xardíns do Concello de Moaña. // Santos Álvarez

Marta Freire (Piñeiro, 1982) encabeza por segundos comicios consecutivos a lista do PSOE de Moaña. Tras catro anos como forza minoritaria no goberno bipartito, aspira a un grande salto que sitúa aos socialistas como primeira forza da vila.

-Como leva o comezo da campaña?

-Con bastante ilusión e sobre todo con expectativas altas visto o resultado que tivo o PSOE nas eleccións xerais, e tamén pola acollida que está a ter o programa nestes primeiros actos cos vecinos. Temos a esperanza de que o partido se consolide como primeira forza.

-Lles prexudica que en Moaña non se presenten partidos estatais de dereitas que lle fagan a competencia ao PP?

-Eu creo que non. O que si nos pode axudar a manter o espazo que levamos ocupando ou incluso incrementalo é que non se presenten máis forzas de esquerda non nacionalista a estas eleccións. Creo que a ese electorado o proxecto que lle queda máis próximo é o que presentamos nós.

-Ao PP semella que lle pesa a marca agora. Pensa que hai opción de que deixe de ser a primeira forza de Moaña?

-Estou convencida de que o PP vai deixar de ser primeira forza. Creo que lle vai pesar tanto o desgaste do PP a nivel xeral como non ter renovado ao seu candidato, que leva tres eleccións liderando esa candidatura.

-As crises internas dos últimos meses están a lastrar ao PSOE moañés, ou as deixaron atrás?

-Nós somos un partido no que as diferentes opinións se manifestan claramente e non coartamos a liberdade de expresión de cada compañeiro. Houbo algúns que no seu momento escenificaron públicamente as súas preferencias por outra alternativa dentro do PSOE. Pero na asamblea a única alternativa que se presentou e acadou o respaldo dos militantes foi a miña. Por encima dos personalismos e dos intereses de cada un están as siglas e o partido ao que todos nos debemos e polo que todos estamos traballando. Non houbo un rexeitamento cara a miña candidatura, senón que mantiveron posicións, para min respectables, de que non estaban de acordo con certas cousas na xestión municipal e do partido. Pero moitos deses compañeiros fixeron aportacións que as tivemos en conta á hora de facer o programa electoral. A militancia, que me deu o respaldo, se está implicando na campaña. Entenden que temos unha oportunidade histórica para o PSOE de Moaña.

-Que resultado sería un éxito e cal un fracaso para vostede?

-Non falaría de éxitos nin de fracasos. Nós, co panorama político enriba da mesa, o noso obxectivo é ser a primeira forza política, aínda que somos conscientes de que os resultados das xerais non son totalmente extrapolables. Tivemos nas xerais 3.500 votos e Podemos foi segunda forza. Chegar a todos eses votantes é o noso obxectivo. Entendo que temos que consolidarnos e subir.

-Estaría disposta a apoiar un novo goberno bipartito se o BNG segue con máis apoios que o PSOE?

-Como forza da esquerda temos que ter o obxectivo de que a dereita non sume. Hai unha cuestión enriba da mesa, que é que non temos claro que se o partido independente (XM) suma coa dereita, apoiaría un gobernó do PP. Ninguén clarificou iso a día de hoxe. Somos catro partidos e todos saímos a acadar o máximo respaldo posible, pero hai que saber que xogos hai detrás desas cuestións. Pero o obxectivo noso agora mesmo é gañar as eleccións. Despois deberá sentarse o partido a nivel interno e deixar clara a nosa estratexia. O que está claro é que se a esquerda en Moaña suma ten que gobernar. Outra cousa é que o PSOE entre ou non a formar parte dun executivo.

-Tras os últimos comicios, o PP lles propuso una gran coalición para deixar á marxe ao BNG. Habería opción dese pacto tras o 26M?

-Eu non son partidaria nunca de chegar a acordos co Partido Popular. É a antítese do que nós defendemos como partido. Sería un pacto antinatura totalmente.

Compartir el artículo

stats