No ceo as estrelas son soio estrelas

e as campás espíronse no ár

para bicarlle os callos-meu Camilo

? e tí a loitar contra o mar?

as gaivotas son nubens de antroido

a ceibar aturuxos no teu lenzo

nun derradeiro esforzó de ir a Coiro

?namentras loitas contra o mar?

e no banco dos soños o teu barro

ergue o canto ate o sol a esparecerse.

sae a lúa nos ermos?

e ti soio?

a cincelar a noite contra o mar?

(Poema de Xosé Manuel Pazos en1980, publicado nun catálogo dunha exposición de Camilo Camaño en Pontevedra e do que sae o cintillo)