"Unha viaxe para aprender", que busca "amosar o traballo que, con humildade, levo a cabo desde Moaña á nosa colectividade galega en Bos Aires e atopar esas raíces da nosa xente, que segue estando na memoria". Así xustifica o moañés Luis Chapela a viaxe que vai emprender o martes á capital da Arxentina cun baúl no que leva exemplares do seu libro de relatos "Á calor da lareira" e o poemario "Sendeiros", xa presentados no Morrazo por este nativo de Berducedo que vive en Tirán.

No colexio Santiago Apóstol presentará as súas obras e no centro Betanzos participará no 80ª aniversario do Exilio Republicano, que inclúe a proxección dun documental de Xan Leira, e nunha mesa redonda. Tamén intervirá nunha marcha contra o golpe de Estado de 1976, entre outras.