Cerca de 80 traballos concorren este ano a unha nova edición dos Premios Johan Carballeira, que convoca a Concellería de Cultura de Bueu. Unha vez máis o certame poético é o que máis participación concita, con un total de 58 poemarios. No caso da modalidade de xornalismo, faceta na que tamén se distingui Carballeira, hai un total de 20 traballos a concurso, segundo explican desde o departamento municipal.

Ao longo das vindeiras semanas está previsto que se reúnan os xurados para valorar os textos e dar a coñcer aos gañadores, que recibirán un premio de 1.500 euros. No caso do certame poético tamén se inclúe a publicación do libro en Edicións Xerais. Os últimos gañadores foron Daniel Asorey por "Transmatria" e Moncho Iglesias e por unha reportaxe sobre Corea do Norte.