Os concellos do Morrazo lembran que a Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2019, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais.

As axudas deberán destinarse á realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corresponda o dereito de uso, camiños veciñais e traídas de auga veciñais, coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos encadrados como servizos básicos municipais, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, e tamén están incluídos os camiños veciñais e as traídas de auga xestionadas polas comunidades de usuarios de augas.

A tramitación facerse por medios electrónicos, e os colectivos e entidades interadas en acceder a estas axudas poden consultar as bases e requisitos no DOG do 2 de xaneiro, donde se mostran os formularios que hai que cubrir para optar a elas e os prazos de presentación das mesmas.