O Concello de Moaña, en colaboración cos colexios, pon en marcha dende hoxe os obradoiros "O mundo de INHO" dirixidos á dinamización lingüística dos estudantes de 5º e 6º de Primaria de todos os colexios. O monitorado de AGAL amosarálles aos pequenos as diferentes chaves culturais do mundo lusófono. Aprenderán tamén a ler textos escritos en portugués a través do coñecemento do galego e reflexionarán sobre as vocacións profesionais, xa que traballarán as características xerais dunha serie de profesións.

Cada sesión dura 100 minutos e será para un grupo de ata 30 alumnos. Os obradoiros se programarán en varios días de novembro e decembro.

Hoxe son os estudantes do CEIP Reibón os que participarán nestas sesións. Mañá o farán tamén os do CEIP Tirán. A partires da vindeira semana os obradoiros chegarán aos colexios de Domaio, A Guía, Seara, Quintela e Abelendo.

Os alumnos traballarán en equipos cuestións ortográficas e competirán entre eles para fomentar a coaprendizaxe. Tamén escoitarán monólogos.