17 de noviembre de 2018
17.11.2018

Tensi Gesteira gaña un dos Premios á Xuventude polo seu blog "Lecturafilia"

17.11.2018 | 04:05
Tensi Gesteira (á esquerda) recibe o seu premio.

A veciña de Bueu Tensi Gesteira Estévez foi unha das galardoadas na segunda edición dos Premios Provinciais á Xuventude, que concede a Deputación de Pontevedra. A moza é natural da Cañiza, pero residente desde hai tempo en Bueu e gañou o segundo premio na categoría de blogs polo seu espazo "Lecturafilia", adicado aos libros e a lectura. O recoñecemento inclúe unha dotación económica de 1.000 euros, diploma e un trofeo realizado pola escola provincial de cantería.

A gala de entrega estivo presidida por Carmela Silva e tivo lugar o xoves no Pazo Provincial.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook