10 de noviembre de 2018
10.11.2018

Abertos 15 furanchos en baixos e carpas

10.11.2018 | 03:47

A choiva fixo que onte, a Comisión de Festas de San Martiño tivera que suspender a verbena das nove da noite, pero o programa de festexos prosegue hoxe e espérase que o temporal de unha tregua.

As 12:00 é o repenique de campás e tirada de foguetes das vésperas de San Martíño, que celebra mañá o seu día grande. As 17:00 horas fará entrada no recinto a charanga Os Fisgóns para amenizar rúas e furanchos. Este ano hai 15 furanchos abertos, dos cales 5 están en baixos de casas e 10 en carpas (7 na do atrio baixo, outra no aparcamento da reitoral e dous máis en fincas).

A velada cultural coa charla de Manuel Uxío García comeza ás 20:00 horas e haberá actuación musical dos grupos de cámara da Escola de Música.

Confíase en que esta noite sí poda facerse a verbena, a partires das 21:00 horas, coas orquestras Miramar e Magos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook