O programa de animación e lecer infantil que organiza o Concello de Moaña, "Rechouchíos", inicia hoxe un trimestre máis no que contará con oito espectáculos. Destaca a programación de Nadal, con tres concertos para os pequenos ao aire libre. O 22 de decembro actuarán Os tres Tenedores co espectáculo "Cocido Exprés". O venres 28 será o turno de Charo Pita con "No país do Vento" e o venres 4 de xaneiro Golfiños amosarán o seu espectáculo "Té, chocolate e café". Serán na praza do concello e se chove no patio cuberto de Reibón.

Hoxe arrinca a programación no centro multiusos de Meira, ás 18.00 horas, con "A Maxia de Xabi". O 16 de novembro o centro Rosalía de Castro de Domaio acollerá o conto musical "Un lugar Chamado Mundo". O 23 o centro cultural de Tirán acolle un conto ilustrado de Polo correo do vento. O 30 de novembro a biblioteca de Quintela acolle un contacontos de Cris de Caldas. O 14 de decembro, no centro Daniel Castelao, haberá un espectáculo de monicreques.