Os máis pequenos de Moaña disfrutaron onte dunha tarde moi especial, da man dun xenio da creatividade no humor gráfico como é Pepe Carreiro. Ante Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, o debuxante vigués pasa desapercibido para os nenos porque eles, Os Bolechas, sí son os grandes coñecidos deste público infantil. Non hai neno en Galicia que non sepa de Os Bolechas. Pero onte o "pai" destes pesonaxes mostrouse ante os nenos moañeses que se achegaron á carpa temática de Os Bolechas, para participar na presentación do libro dedicado a Moaña. O "pai" desta serie infantil, levada ó teatro e a televisión, debuxó en vivo para deleite deles e firmou exemplares do libro ambientado en Moaña con personaxes da vila, metidos no universo de Os Bolechas, coma Iago Aspas ou Xavier Blanco. Vendéronse 120 exemplares. Nas súas páxinas tamén aparecen lugares como o de O Fisgón, a praia da Xunqueira ou o Monte Paralaia.