O pasado 30 de Agosto, dende as atalaias das Highlands escocesas, sin mais ruido que o son dunha afinada gaita, sen avisar, como a él lle gustaba facer as cousas, deixabanos o noso amigo, o noso compañeiro , o noso irman.., Amable Casás Pintos, Casás "O Chura".

Para nos foi moi difícil entender como alguen que amaba tanto os seus orixines, as suas raíces, os seus amigos, as tradicions culturais da sua terra, rachou da noite para mañan con todos eses vínculos, e marchou a terras descoñecidas, na procura , sobor de todo, de esquencer sinsabores e experiencias negativas que moitas veces a vida nos depara.

Pero a pesares de esa marcha silenciosa, de prácticamente non deixar rastro ni tan siquera o de un contacto mais ou menos permanente, ninguén de nós fomos quen de esquencelo nunca, porque a súa personalidade, o seu carácter de líder, as veces rebelde e sempre inconformista, irradiaba e facíase notar o marxen da distancia na que se atopare.

Sempre lembraremos, o seu talento innato para o futbol, a súa habilidade fora do normal, os seus regates imposibles, intentando imitar en cada xogada e en cada partido os seus idolos brasileños (Garrincha, Zico, etc.). Todos tiñamos claro que estaba destinado para ser un futbolista profesional, pero quizáis as graves lesions de rodilla ou quizás o seu incorfomismo natural, impediron que alcanzase cotas máis acordes o seu talento. Ainda así, as súas actuacións nos xuvenís do Alondras o levaron a estar na pre-selección do equipo nacional xuvenil, e a fichar anos máis tarde polo tercer equipo galego de aquela época: o Pontevedra. Ata nos seus derradeiros anos en Cangas, xa retirado, facíanos vibrar cada sábado pola tarde co equipo de veteranos do Alondras, dando auténticos recitáis de "tabiliñas", "chilenas" e "caños" de todas as cores.

Esa paison polo futbol i ese celtismo aferrimo que nos foi trasmitindo, levounos a fundar no ano 1988 a primeira Peña Celtista de Cangas, co nome de Pedro Pinilla (ex xogador da primeira época do R. C. Celta que viviu e morreu en Cangas), e na que Casas foi o autentico promotor e impulsor.

Pero ademáis do futbol, houbo outra faceta pola cal tamén lembraremos sempre a Casas: a música. Era imposible na nosa pandilla, unha festa, unha celebración, calquer xuntanza, sen a guitarra ou a gaita de Casás.

A súa paisón pola música tradicional, fundamentalmente a galega e a portuguesa, e pola cultura e as tradicións populares, contaxíabanos de tal maneira, que non podíamos concebir un cumpleanos, unha queimada na praia, unha viaxe en autobús co noso equipo, sin compartir os cánticos do "Chura", muitos deles de creación propia e otros versioneados ou arranxados por él mismo. Esta relación tan estreita coa cultura popular, e por suposto tamen as ganas de disfrutar propias de nosa mocidade, fixo que creasemos a Murga "Os de Casi Sempre", na que disfrutamos anos e anos do antroido, e da sua creatividade, xa que, ademais de compositor, autor ou arranxador de gran parte das cancions, Casas foi a autentica alma mater da Murga.

Casás deixou entre nós un oco profundo, que soio podemos encher lembrandoo sempre tal e como era: co seu talento e a súa rebeldía, coas súas rarezas e o seu individualismo, co seu celtismo e o seu antideportivismo, cos seus caños e os seus gambeteos, coa súa guitarra e por suposto coa súa gaita.

Ata sempre amigo ¡¡¡

(*) Comparsa de Cangas