Despois da primeira actuación de Habelas Hainas, chega a quenda dos grupos de fóra da casa. Os vascos Korrontzi desembarcan por primeira vez na praia de Vilariño para ofrecer sons e músicas tradicionais euskeras con aspecto contemporáneo, unha música baseada na trikitixa, oacordeón diatónico vasco. Tamén os granadinos Eskorzo visitan a comarca coa súa mestizaxe. "Alerta Canibal", o seu último traballo, supón unha aposta decidida polos ritmos e sonoridades de Latinoamérica.