10 de agosto de 2018
10.08.2018

Cangas activa a plataforma "Emerxia" para comunicar as incidencias ao Concello

Agárdase axilizar o tempo de resposta, que será en función da urxencia

10.08.2018 | 03:00
Imaxe de arquivo das escolas infantís de Cangas. // G.Núñez

O Concello de Cangas ven de poñer en marcha "Emerxia", unha plataforma coa que calquera cidadán, dende o teléfono móbil, poderase conectar en tempo real e remitir suxestións, incidencias ou urxencias mediante unha fotografía que se remite ao servizo correspondente xunto á localización. Deste xeito, os servizos municipais poderán xestionala no menor prazo de tempo posible segundo sexa a incidencia.

Responsables municipais explican como funciona "Emerxia". "Por exemplo, detéctase unha fuga por avería de auga nunha rúa ou camiño, sacamos unha foto co móbil, conectámonos á plataforma e remitimos a fotografía", contan. Esa imaxe xunto coa localización do punto, envíase automaticamente ao servizo municipal correspondente para enviar ao persoal de garda que repare esta incidencia.

Deste xeito interactivo, a cidadanía pode non só enviar, senon tamén recibir no seu móbil o estado no que se atopa esta incidencia, se está en trámite (recibida polo servizo correspondente), pendente ou resolta, sinalan os mesmos responsables municipais

"Durante este mes de agosto estaremos probando a plataforma e informando á veciñanza. É importante indicar que debe ter un uso responsable e que as incidencias tramítanse por orde de urxencia", suliñan desde o goberno local cangués.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine