O Concello de Cangas, a través da rede de bibliotecas públicas municipais de Aldán, Coiro, Darbo e O Hío, vén de convocar o "Concurso de Fotolectura 2018", que ten por obxecto "reflexar mediante imaxes o mundo dos libros e da lectura en calquera das súas dimensións: humana, educativa, anecdótica, cultural, recreativa, familiar, social, etc.", segundo establecen as bases.

Pode participar no concurso calquera persoa agás o persoal das bibliotecas participantes e os membros do xurado.Cada participante pode presentar un máximo de tres fotografías, inéditas e que non foran selecionadas con anterioridade en ningún outro concurso. Non poderán conter imáxes violentas ou discriminatorias nin se permitirán contidos obscenos de calquera índole.As fotografías deberán presentarse ata o 14 de setembro en calquera das bibliotecas públicas, en soporte dixital e fomato jpg. A presentación poderá facerse persoalmente nas bibliotecas ou mediante correo electrónico e as inscricións de menores de idade deberán estar firmadas pola nai, pai ou titor.

O premio para o gañador, que se dará a coñecer o 24 de setembro, será un cheque regalo por valor de 150 euros para canxear en material bibliográfico e de oficina. Os traballos seleccionados serán expostos no blogue das bibliotecas.