Quedan menos de dúas semanas para o XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo, que vaise celebrar no Concello de Moaña e no que actuarán entre outros Xosé Manuel Budiño, Capercaille ou Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Hoxe mesmo o concello subiu ás súas redes sociais un video promocional no que aparecen os actores moañeses Salvador del Río e Adrián Ríos, que na serie "Fariña" interpretaba a "Petete", un dos homes de confianza de Sito Miñanco. Nesta ocasión Adrián Ríos canta, canta de verdade porque máis vale que o Intercéltico "nos pille confesados? e confesadas".

Todo isto coa imprescindible colaboración do gaiteiro moañés Anxo Lorenzo.