O Eirado de Cela acolle hoxe o XVII Festival de Retrouso, un dos máis lonxevos e estables da comarca do Morrazo e que este ano contará con cinco grupos de toda Galicia.

O certame comezará ás 21.00 horas no Eirado de Cela e na primeira parte actuará Retrouso, que fará dous pases, e o grupo de baile e gaitas Santaia de Oleiros, co seu espectáculo etnográfico "Romeiros". A iso das 22.30 horas está previsto que comece a quinta edición da Retrofoliada, que xa ten catro grupos con asistencia confirmada: Barallocas, Os Cinco en Zocas, Os Trevellos e Choran as Pedras. Despois da actuación destes conxuntos o escenario quedará dispoñible para unha foliada aberta a calquera grupo.