Conforme ao regulamento de réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Escola Infantil de Cangas-O Hío permanecerá pechada durante o mes de agosto. As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro poderán facelo no Concello, segundo prevé a lexislación. O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto.

Os impresos para formalizar a preinscrición, así como a documentación que debe achegarse, están dispoñibles nos enderezos: https://sede.xunta.gal, http:// politicasocial.xunta.gal e http:// www.igualdadebenestar.org.