11 de julio de 2018
11.07.2018

O humor de Davila sérvese na hostalaría

Trinta mil manteis deseñados polo viñetista serán repartidos en Cangas, Moaña e Bueu

11.07.2018 | 03:12

As famosas tiras do humorista gráfico Luís Davila (O Bichero) chegan á hostalaría do Morrazo co fin de avanzar na normalización do idioma galego entre a cidadanía a través da retranca tan característica do debuxante. Os manteis repartiranse equitativamente entre os hostaleiros da mancomunidade.



Este ano os hostaleiros de Cangas, Bueu e Moaña, poderán disfrutar nos seus negocios de manteis personalizados polo coñecido humorista gráfico Luís Davila, autor da exitosa viñeta diaria de "O Bichero" no FARO. A presentación desta iniciativa tivo lugar na mañá de onte no salón de plenos de Cangas, onde se puideron atopar diferentes caras coñecidas. No anuncio deste novo proxecto estiveron Xosé Manuel Pazos, o rexidor cangués, e os concelleiros de Normalización Lingüística dos diferentes gobernos que forman a Mancomunidade: Héitor Mera, en representación de Cangas; Rosa Carballo e Aldán Santamarina, dende a concellería de Moaña, e tamén Silvia Carballo, polo municipio de Bueu.

A proposta inclúese dentro dunha campaña que ten a pretensión de conseguir a completa normalización do idioma g alego e o achegamento da mesma aos cidadáns, a través do humor tan singular e recoñecido do viñetista Davila, que aínda que foi nado en Pontevedra, reside en Bueu e considérase un morracense máis. En palabras do concelleiro Héitor Mera, a elección de Luís Davila débese á "súa gran labor á hora de normalizar a situación do idioma galego, ademais de ser unha homenaxe, recoñecemento e xustiza poética cara este artista por representar a nosa esencia".

En total elaboráronse trinta mil manteis que se repartirán entre os tres concellos equitativamente, dez mil para cada un. Asemade, os hostaleiros de cada zona contarán con douscentos exemplares "co fin de que se sentan orgullosos da nosa lingua", comenta Silvia Carballo. Segundo o concelleiro moañés Aldán Santamarina, este plan atópase dirixido aos veciños que frecuentan os locais da zona, mais tamén a aqueles turistas que escollen a comarca do Morrazo como destino vacacional "e que poden chegar a aportar un valor engadido, estendendo a nosa lingua por outros lugares", explica. A edila Silvia Carballo sinalou que unha vez rematados, os hostaleiros poden encargar máis unidades deste deseño, pero que xa correrán por conta deles. Todos aqueles profesionais deste sector que non acudiron á presentación poderán recoller os manteis que lles corresponden nos seus respectivos concellos e recibir, así, á clientela cun sorriso enxebre.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Este domingo se disputa el Desafío Santander Islas Cíes y en FARO lo celebramos sorteando 10 mochilas oficiales del triatlón. Contesta a las preguntas y luce mochila nueva.

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .