O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) acolleu a presentación da película "Na marea", realizada por estudantes de 6º de primaria do Ceip A Rúa (Cangas), que trata sobre a pesca de altura e fai "un retrato dos mariñeiros e da súa memoria". É un dos catro filmes codirixidos este ano por alumnado de primaria e secundaria doutros tantos centros de Galicia e que forma parte da iniciativa didáctica "Cinema en Curso", que pretende que a mocidade "abra novos horizontes culturais e constrúa unha sensibilidade cara á arte aplicable de xeito transversal nos seus estudos e experiencias vitais".

Os artífices da película, de arredor de 13 minutos de duración, e o making off, de tres minutos, convidan á proxección de estrea en Cangas, que será mañán as seis da tarde no salón de plenos e con entrada libre.