"Polas ondas do Morrazo" é o título dun roteiro promovido por Arbore Sociedade Cooperativa Galega para ensalzar a lingua propia e percorrer algúns escenarios ligados á vida e obra dos xograres desta comarca. Será o vindeiro día 24, con saída ás 10.45 horas da estación de autobuses de Cangas, visita ao Sanamedio, en Beluso, e á Illa do Santo, con regreso ás dúas da tarde ao punto de partida. Ás 15.30 horas continuarán en barco ata a Illa de San Simón, de donde tornarán arredor das sete da tarde. O prezo é de 18 euros para adultos e 12 euros para nenas e nenos no correo xograresmorrazo@gmail.com.

Os promotores da iniciativa indican que, máis alá de Martín Códax, Meendinho ou Johan de Cangas, O Morrazo tivo relación con outros xograres menos coñecidos. Son os casos de Macías O Namorado en Bueu, de Nuno Treez en Marín ou de Johan Soarez Somesso en Moaña, que deixou no testamento as posesións en Xaxán, Domaio, e así se lembrará no roteiro fixado para o día 24.