O cemiterio de Goián, en Tomiño, acolle hoxe ás 12 da mañán un acto público de lembranza a Xoán Piñeiro, escultor nacido na aldea de Nerga, na parroquia canguesa de O Hío, en 1920 e falecido en Porriño en 1980. A homenaxe celébrase co gallo da colocación dunha placa en bronce coa lenda sobre o seu recorrer por terras de Cangas, Vigo e Goián, os tres lugares donde viviu e desenvolveu a súa obra, segundo sinalan os convocantes, a Fundación Xoán Piñeiro para o Desenvolvemento da Escultura en Galicia.

A presentación do acto deste mediodía correrá a cargo do artista cangués Camilo Camaño Xestido , e haberá unha lectura poética de Anxo Angueira, así como acompañamento musical de Xosé Bieito Álvarez Lobariñas.