O colexio A Rúa tamén celebra este sábado, de 10.00 a 16.00 horas, unha festa fin de curso organizada pola Anpa e aberta a nenos e adultos. Haberá festa da escuma, para a que se aconsella bañador e toalla, concurso culinario de pratos doces, salgados e receitas para intolerantes ou alérxicos, con degustación de postres do concurso e aperitivo de froitas.

No capítulo de actuacións, pasarán polo escenario as e os participantes nas actividades de bailes latinos, taekwondo, patinaxe e taller lúdico de inglés , e haberá entrega de agasallos de cociña e un visionado da montaxe fotográfica deste curso. As portas do comedor do colexio estarán abertas, ainda que haberá que traer a comida da casa.