14 de junio de 2018
14.06.2018

A Rúa... lúdico-formativa

Alumnas e alumnos do colexio visitan o zoo e o parque da auga

14.06.2018 | 04:07
Os excursionistas disfrutan da auga no parque de Sanguiñeda. // FdV

Como non todo vai ser estudiar, o Ceip A Rúa, de Cangas, aproveita a proximidade do fin de curso para saír das aulas en busca de experiencias e diversión. A máis recente, a excursión dun grupo de alumnas e alumnos de primeiro e segundo cursos a VigoZoo e ao parque da auga de Sanguiñeda, en Mos, donde disfrutaron do primeiro chapuzón do verán.

"A visita ao zoo abrangue máis alá da mera observación de animais", sinalan os mestres encargados da actividade, que buscan que "as nenas e nenos comprendan a importancia desta institución en diferentes ámbitos", sexa como centro de acollida e refuxio de animais feridos, de investigación -casos da píntega das Illas Atlánticas ou do lobo ibérico- ou como centro de recuperación de especies ameazadas, entre elas a tartaruga europea. Sen esquecer a cría en cautividade, do que un dos exemplos máis coñecidos é o do voitre leonado "Vigo", nacido nesas instalacións e que viaxou a Mallorca para integrarse no grupo reproductor formado para a conservación da especie. En VigoZoo tamén puideron coñecer novidades como o "exotarium", os cabaliños de mar, os peixes pipa, a salamanquesa común, as tartarugas leprosas, a axolote ou a tarántula salmón do Brasil, entre outras que citan os excursionistas.

O outro destino da xornada lúdico-formativa foi o parque de auga de Sanguiñeda, que puideron visitar coa colaboración do Concello de Mos, que preside Nidia Arévalo, e con Cándido Pérez como edil delegado. Conta cunha zona de xogos donde se representa o ciclo da auga e o fenómeno meteorolóxico da choiva, con géiseres, unha noria de rego e unha miniturbina hidráulica "para explicar o aproveitamento humano da auga dende os albores da civilización". A comitiva do Ceip A Rúa tamén puido observar unha horta ecolóxica co que fomentar o respecto medioambiental e o traballo en equipo entre a comunidade de veciños.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine