| A misa solemne do mediodía, que puxo fin á Novena iniciada o día 4, e a posterior procesión arredor do adro foron onte o eixo relixioso da festa de San Antonio en Berducedo e Piñeiro, en Moaña, e tamén serviu para celebrar a chegada do bo tempo. A comitiva coas imaxes de San Antonio e a Virxe dos Milagres estivo acompañada pola charanga "A Cabesa non Para", que amenizou co seu repertorio a sesión vermú. No programa lúdico destacou a verbena nocturna, desde as 22.00 horas, amenizada polas orquestras Magos e Marbella.