Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Escola de Artes Escénicas

"Soño dunha noite de verán" da Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas. // Arquivo do autor

Tamén na existencia dunha Escola de Artes Escénicas compre lembrar a iniciativa das xentes de teatro profesional e afeccionado que antes das eleccións municipais de 2007 convocaron, desde a Comisión Organizadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo, aos partidos políticos tentando que integrasen no seu programa electoral a creación dunha Escola Municipal de Teatro. O triunfo da esquerda co goberno tripartito presidido por Clara Millán e sendo Concellal de Cultura, Xosé Manuel Pazos, o actual alcalde, fixo posible a iniciativa proposta. Houbo un Concurso público ao que se presentaron diversas empresas e concedéselle á Compañía T. Ningures o desenvolvemento da Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas, sendo responsabilidade da empresa a execución práctica dos distintos cursos e o Concello ofrece o espazo, o mantenemento e parte da xestión administrativa das matrículas que maiormente realiza Salvador del Rio de Teatro de Ningures . Na actualidade a Escola, por medio dun convenio de colaboración entre Teatro de Ningures e o Concello de Cangas, nomease Escola das Artes Escénicas de Teatro de Ningures.

O curso ábrese en novembro e remata en xuño. Até o curso 2016-2017 houbo tres módulos

1.- Teatro para xóvenes de 13 a 17 cun horario os mércores de 19 a 21 horas que imparte Sonia Rúa. 2.- Interpretación para maiores de 17 anos que se desenvolve os martes de 19 a 21h que tamén é responsabilidade de Sonia. 3.- Posta en escena dunha montaxe teatral, os xoves de 19 a 21h. que se amplía os sábados de 11 a 13h. nas semanas anteriores á estrea. Este módulo é impartido por Casilda Alfaro. No presente curso 2017-2018 no mes de Xaneiro comezaron dous novos módulos: 4.- Teatro para nenas e nenos de 6 a 9 anos que ten lugar os mércores de 17.30 a 18.30. E un segundo nivel para as idades de 9 a 12 anos con horario os xoves de 17.30 a 18.30. Ámbolos dous cursos son dados por Lois Soage. Ao longo de cursos anteriores tamén deron clases Pepa Barreiro e Salvador del Río.

Sempre foi Teatro de Ningures o responsable da Escola a excepción dun curso no que por desacordos coa Concellería de Cultura que representaba Luis Gestido a compañía renunciou e no seu lugar o fixo Teatro Vagalume de Vigo impartindo os distintos cursos a súa directora María Isabel González.

O orzamento da Escola cúbrese cunha aportación do Concello no presente curso de 6.000? debido á ampliación da oferta educativa (en cursos anteriores era de 4.000) e súmase a recadación das aportacións do alumnado: 15 euros de matrícula máis 15 por mensualidade para todos os niveis coa excepción do Curso de Posta en Escea que son 20 euros mensualidade por maior dedicación docente. Un prezo de matrícula que se mantén desde o comezo.

A existencia da Escola de Teatro non ten como obxectivo a formación de profesionais-aínda que por suposto algunhas persoas decidan logo, como xa acontece, matricularse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Os seus obxectivos fundamentais son fomentar a capacidade de expresión oral e corporal, o traballo en equipo e o respecto polo traballo propio e alleo, a capacidade de relación cos demais, fomentar a asistencia a espectáculos e a lectura de textos dramáticos. Ademais, por suposto, de ofrecer a posibilidade de desfrutar interpretando a nivel de teatro afeccionado a partir das clases impartidas por profesionais da escena.

A utilidade da Escola é evidente pois en Cangas hai canteira de sobra. E nos módulos para a infancia cubre o valeiro dos colexios onde non hai teatro como actividade extra escolar. Segundo datos facilitados por Teatro de Ningures ao longo destes anos matriculáronse 300 alumn@s nos diferentes niveis.

As postas en escena dirixidas por Casilda Alfaro foron as seguintes: A punto de estrearse na Mostra de Teatro está "Divinas Palabras" de Ramón Mª del Valle-Inclán en tradución ao galego de Xosé Manuel Pazos. Reparto (por orde alfabético) Julia Abal, María Acuña, Noela Avendaño Paredes, Sonia Couto, Rosa E. Gantes, Ana Fernández, María Fernández, Ana Iglesias, Andrés Gesteiro, Carlos G. Zunzunegui, Jesús Graña Menduiña, Ángeles Menduiña, Ana Perez, Carlos Prado.

En 2017 "Incendios" de Wajdi Mouawad; 2016 "Constantes vitais"a partir dos textos de María Armesto, Paula Carballeira, Santiago Cortegoso e Xosé Prieto. En 2015 "Bordadoras de soños"texto construido a partir de diferentes puntos de vista sobre a muller. En 2014 "Soño dunha noite de verán" de W.Shakespeare 2013 Sobre textos do libro "Banqueiros" En 2012 A xestión foi por parte doutra compañía, como xa citamos. En 2011 "C@ntos Rodados" e no 2010 "O rei nú" de Cándido Pazó e Quico Cadaval . En 2009 foi o bauitzo con "Á espera do noso Godot", particular adaptación de "A balada do cárcere de Circe" de Elena Cánovas, Rubén Cobos e Juan Carlos Talavera. Este texto foi publicado na erregueté nº 26.

No ano 2009 e tamén en 2017 fixéronse cursos específicos relacionados coa montaxe de "María Soliño" nos que participaron, ademáis do alumnado da Escola, persoas de outros grupos. Tamén houbo actuacións públicas do módulo impartido por Sonia Rúa en diferentes "Revoltallos " dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro e participando ademáis nalgunhas galas.

En conversa coas alumnas e alumnos do módulo de posta en escena foron xurdindo diferentes temas que por falta de espazo só indico: todas as montaxes deixan pouso xa que todas son retos diferentes; o importante é o proceso de traballo máis que o resultado que polo demais debe procurarse de excelencia dentro do ámbito do teatro afeccionado; bótase en falta un maior interés da administración municipal que podería, por exemplo, potenciar o intercambio con outras escolas de teatro e mesmo profundizar na política de creación de públicos; o traballo de montaxe é unha boa aprendizaxe e oportunidade para ir crecendo e madurando como persoas a nivel individual e colectivo. Valorouse tamén como moi positivo a integración da música en directo que aporta Xosé Ramón Rocha, profesor de violonchelo no Conservatorio de Cangas.

Pola súa banda, Sonia Rúa, preguntada sobre a súa experiencia como profesora ao longo destes anos, declara que o labor docente supón para ela un descubrimento enriquecedor de intercambio constante na creatividade co seu alumnado

Compartir el artículo

stats