O IES María Soliño, de Cangas, ven de abrir a convocatoria para participar no 33º certame de poesía que leva o seu nome e que se divide en dúas categorías: para alumnado de primeiro e segundo ciclo de ESO (A) e para alumnado de primeiro e segundo cursos de bacharelato e ciclos de grado medio (B). No primeiro caso concederanse premios de 150 euros, 75 e 50 euros para os tres traballos elixidos en primeiro, segundo e terceiro lugar; e na categoría B haberá dous premios, de 200 e 150 euros, respectivamente, segundo figura nas bases.

Os poemas deberán estar escritos en lingua galega e cada participante presentará un mínimo de tres e un máximo de cinco, que se presentarán mecanografiados a dobre espazo e por triplicado. Remitiranse ao IES María Soliño (Monte Carrasco nº 3, 36940) nun sobre no que só constará un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro estarán os poemas e unha plica cos datos persoais e certificado de matrícula no centro correspondente. O prazo de entrega remata a día 12 e a entrega de premios será o 21.