Codia e Miolo nace no verán do 2000 en LATEXO, espazo de creación que daquela bombeaba a sua luminosa enerxía dende o barrio do Con, en Moaña. E nace un pouco sen querer, da xuntanza casual entre Se G. Rial - sen experiencia previa no teatro pero con un don natural para a farándula que vai enriquecendo cos anos de formación e taboas- e Xurxo G. Avendaño- compoñente de Teatro Kaos ata entón e que recen comezaba a formar parte do Teatro da Esmorga.Un pouco querendo, da proposta que fai Sani de Latexo para participar nunha velada estival escenificando un par de contos; aqueles contos foron:" O Panadeiro e o Demo" orixinal para títeres de Javier Villafañe e "A pedra de facer sopa" , conto tradicional.

A experiencia resulta tan grata que decidimos recuncar e consolidarnos para recrear, o noso xeito, o universo multicolor do conto tradicional e literario.

Habia que buscar un nome e pensouse en parellas famosas: Zipi e Zape, Smith and Wesson, Ortega y Gasset( permítase o chiste ) , Bonnie & Clyde?como Se viña do farturento universo das panadarias decidiuse que a parte do pan que mais lle gustaba a cada un quedara como nome do outro; ata hoxe.

Dende entón e botando man das ferramentas que pide cada historia- cancións, manipulación de obxectos, pantomima, clown- con unha especial querencia pola improvisación, xa van ala 18 anos e o proxecto continua, creando probablemente dun xeito anárquico e inconstante lento maís imparable.

Son centos de actuacións en espazos e recunchos do maís variado, para público infantil, familiar e adulto, dende festiváis como Vilariño Folk, Couso, Festigal, ata colexios de infantil e primaria, Galas solidarias para humanos e animais (primeiro Cancerto en apoio a protectora do Morrazo celebrado no Auditorio de Cangas ), Reconquistas, festas estacionais( Nadal, Maios, San Xoan), Festas parroquiais tipo San Froilán, actividades en espazos naturais como o querido Courel, feiras de artesanía na onda Arte de man en Allariz ou campañas de animación a lectura como a realizada para editorial Everest no 2004.

Aí dous aspectos que sempre se tiveron e se teñen moi en conta: un e o compromiso coa nosa cultura e a nosa lingua evidenciada coa presenza ao longo dos anos tanto na Festa da lingua en Pontevedra- organizada pola Assembleia da Lingua- coma na Romaria das letras da man de Almuinha en Marin. O outro non pode ser senon o compromiso social ; coa presenza, en centros da terceira idade(Tendelaman, Geriatros), asociacións de cativos vulnerabeis- como Meniños de Vigo- e Hospitais: as historias tamen curan.

Algunhas pinceladas:

- -Pan de Títeres: (2001-2002)

Durante certos periodos desta tempada os Códia e Miolo medran coa incorporación se Suso Piñeiro "Susiño Kaos" procedente, coma non de Teatro Kaos; o combo denominouse Pan de

Títeres.Suso aportou os títeres en gomaespuma do conto" Galo Quirico" que se uniron as pezas "Tio Lobo" e "Papamedos";fixéronse alguns bolos interesantes, Monforte, Carballeira de Bronlle en Moaña, Sarria, e no Nadal do 2002 xurdiu a oportunidade de actuar na sala Pradillo de Madrid dentro do Festival Navideño; foi grazas a mediación de Xoan Riobo que puso en contacto a compañía con Juan Muñoz de La Tartana co- xestor da sála e que actuaba na Mostra de Teatro de Cangas. Nesa altura xa non estaba Suso e incorporase Juan Tome"Chani" como músico en directo; a obra gustou e a viaxe foi toda unha aventura chea de rocambolescas peripecias.

- -Fuel Parade: 2003

En febrero dese ano tivo lugar en Madrid unha grande manifestación(240.000 persoas), un auténtico desembarco galego contra o desastre político na xestión do Prestige: a noite antes un xeitoso grupo de músicos e teatreiros do país actuaron no mítico colexio maíor San Juán Evangelista "cuna do jazz na capital" xa por entón en estado de evidente abandono; os Códia e Miolo enrolados por Xico de Cariño, incombustible patrón, aportaron tres " Historias Mínimas" de Javier Tomeo( Quicena-Huesca 1932) tuneadas para a ocasión;foron xornadas de encontros e moita emoción.

- Catroemedio Teatro: 2003-2004

Creación, xunto a Rosi, Serxio e Xose de Teatro de Cadaquén de catro pequenas accións de rúa para a Mostra de Cangas; o primeiro ano foron "paletas" ( panda de albañiles tolos), "bombeiros" (tentando apagar lunes imposíbeis) e "a banda do cervicales" ( unha de mafias); o segundo ano foí "Cebrados", denuncia da prepotencia automovilística nas vilas; a peza "a banda do cervicais" foí tamén representada no concello de Porriño.

- Quanto vales tu, meu tentador?: 2004

No verán dese ano, despoís de unha convincente reunión en Cangas, asúmese o reto de montar un texto para público adulto do periodista e escritor Joel R. Goméz (Ourense-1959) producido por AGAL-Associacón Galega da Lingua-. Esta "Traxicomedia para dous actores no acto" pon en escea a un cliente e unha prostituta en un local de alterne a altas horas,o cliente prepotente e machiño que vai ser humillado como el humilla e ficar, literalmente, co cú o ar.Maria X. Lagoa Cordeiro, de Teatro Lirilampo foi Ela, Xurxo foi El, Sara Malvido uníuse como axudante de escenografía e na técnica e dirección estivo Se. Baixo a cabeceira "Teatro para si" foí estreada en outono no Liceo casino de Ourense con gran exito ; logo fixose Cangas, Café teatro do Real, Aturuxo de Bueu , instituto Johan Carballeira?unha proposta tan necesaria como tristemente actual.

- A Gaivota Antón; 2013

Damos un salto temporal para falar desta obriña encargada e producida por Troula Animación, compañeiros e amigos cos que levamos anos traballando; estreada no edificio Cambón de Vigo,sede do Parque Nacional Illas Atlanticas un 17 de Marzo conta a viaxa de Antón, unha cativa gaivota que nasce na cidade e decide, un dia de mesta néboa e intenso cheiro a mar, abandoar terra firme para chegar as illas brancas e facerse maior; no camiño vai atopando outras especies que a guian na sua percura; espectáculo de educación ambiental para dous actores-Xurxo e Se-,con cancións,, música e movemento: funcións no Cambón toda a tempada logo voou en alguns colexios, especialmente gratificante unha matinal no CEIP Montemogos de Beluso.

- Quén fixo ese disparo! 2014

Texto orixinal de Xose Cid Cabido (Xunqueira de Ambia-1959) do seu libro "Falame sempre" axuntando textos propios; pon en escea a dous vagabundos, dous ninguen, Ceferino e Aurelio unha xornada calquera en calquera rúa do mundo; xogan, rifan, parolan, mostrando a sua acida visión das cousas; protagonizada e dirixida por Se e Xurxo para público adulto, foí estreada no Auditorio de Cangas un 10 de Xuño dentro da programación do CITEAMOR, ainda que xa fora representada con anterioridade de xeito fragmentado en diversos locais da noite viguesa; unha peza que conviria revisitar.

- - Visitas Teatralizadas; 2017

Da man de Troula Animación que de novo produce e coordina e o patrocinio da Deputación; xunto os membros do colectivo "Histerias Fermosas" Roni Macarroni-actor- e Servando Barreiro-músico-, lévase a cabo a creación de persoaxes: Bufona, Marmitón, Cabaleiro e Trovador que vai conducir as animacións para público familiar no castelo de Soutomaior este ano pasado; unha divertida, axil e participativa búsqueda do tesouro que non esquece as suas famosas moradoras nas suas idas e vidas.

A viaxe pois, continua.

(Esta crónica non sería posible sin a colaboración de Se G. Rial "Miolo", Magdalena Fernández Requejo "Cuca ", Leonel García e Xosé Vidal "Topo", obrigado! )